O percorrido da Masa Crítica deste mes rematará no Fórum Propolis (r/Barcelona 115; o mesmo espazo onde se aloxa o taller reCiclos), na cea/baile que celebra a Asociación de Sen Papeis da Coruña.

Haberá comida e bebida típica de Senegal: couscous con polo, couscous vexetal, charci, bisap e café. O menú custará 5 euros, aínda que tamén se poderán adquirir os productos por separado.

Tamén se farán «jujas», trenzas de fío no pelo e moveremos a cadeira con ritmos africanos.

Para saber máis sobre a asociación podes botarlle un ollo á reportaxe de X. Antón Bocixa para Praza Pública:

Primeira parte: http://praza.com/video/10/asemblea-de-persoas-sen-papeis-na-coruna/

Segunda parte: http://praza.com/video/11/sen-papeis-segunda-parte/

A bicicletada sae, como cada primeiro venres de mes, ás 20:00h da Praza de María Pita.

Mbolo Moy Doole!
(a unión fai a forza)

A Criticona é un dos tres eventos transnacionais que cada ano celebra o movemento Masa Crítica en Europa. Esta edición terá lugar en Valladolid os días 11, 12 e 13 de maio , e as masas críticas galegas organizan de novo unha viaxe en bus*. Podes anotarte aquí.

*O prezo será duns 50€ por persoa (48€ de ser 25 persoas, como na edición anterior): ida e volta; aloxamento de balde. O bus sairá da Coruña na madrugada do venres 11 ao sábado 12 e voltará na madrugada do domingo 13 ao lus 14, con posibilidade de facer paradas en Santiago e Lugo.

Este mércores 28 á tarde impartiremos un cursiño de ergonomía e mantemento básico da bicicleta. Organízano a Oficiña de Medioambiente da UdC e a asociación Mobi-Liza, celebrarase no edificio Xoana Capdevielle i é aberto a toda persoa, con independencia de que pertenza ou non á comunidade universitaria. Inscripcións e máis información aquí.

 

Cansas de que lles quiten das mans as ferramentas dos talleres DIY (faino ti mesmx) e ser tratadas como obxectos sexuais na escea ciclista, Laila Davis e Alicia Dvorak realizan Dudey Free Zone, un documental de 26 minutos sobre as sesións só de mulleres, transexuais e persoas queer en varios talleres comunitarios en Estados Unidos. «Centrámonos nestes espazos porque é onde se atopa a maioría da nosa experiencia, e onde as cuestións en torno ao xénero e as bicicletas se debaten máis acaloradamente debido á súa natureza colectiva e democrática. Pero tamén queriamos facer un filme que fora relevante para quenes traballen ou sexan clientes nos talleres comerciais, onde moitas veces hai pouca consciencia do sexismo aínda predominante na cultura ciclista».

Máis información en http://dudeyfreezone.wordpress.com/

O tema dos créditos é Somewhere You Didn’t Know de Alas, Alas.

Para contactar coa Ciclofactoría podedes escribirnos ao enderezo de reCiclos: porpropolis@gmail.com

E pódese consultar toda a programación do centro social en http://okupacorunha.wordpress.com/

Nota da Asociación: Ler o resto desta entrada »

Nun ambiente celebrativo e formativo, a finais do pasado xullo tivo lugar nun pequeno pobo austríaco a primeira edición do Cyclocamp, un festival Do It Yourself (faino ti mesmx) de carácter transnacional -na práctica fundamentalmente europeo- en torno á creatividade político-cultural do activismo ciclista que reuniu a cerca de duascentas persoas de máis dunha trintena de proxectos diferentes.

O Cyclocamp revelouse como un encontro sen par a esta beira do Atlántico -en Norteamérica existe o homólogo BikeBike!- debido á confluencia de activistas de moitos países diferentes e o seu carácter decididamente comunicacional e reflexivo. Sen disquisicións teoréticas moi elaboradas nin moita amplitude de observación (levarían máis tempo do que agora dispoño e máis traballo do que levo feito), neste post comparto as notas tomadas durante a semana que durou o festival e pouco máis. Ler o resto desta entrada »

 
A ASOCIACIÓN SEN PAPEIS DA CORUÑA AMOSA O SEU TOTAL REXEITAMENTO ANTE OS ABUSOS POLICIAIS:
 
O sábado 17 de decembro ás 18.30 na rúa Real axentes de paisano procederon a deter a un senegalés que se adica á venda ambulante. Segundo algunhas das persoas alí presentes a detención tivo lugar sen que o detido ofrecera resistencia e cunha brutalidade e violencia imposibles de xustificar. Incluso algunhas persoas chegaron a enfrontarse á Policía para que deixara de dar ese trato desproporcionado ao detido. Convén destacar que un dos policías de paisano implicado foi o mesmo que o día 4 de agosto deste ano apuntou no Cantón Grande coa súa arma a un senegalés sen que este opuxera resistencia ou estivera cometendo delito algún. Ler o resto desta entrada »
reCiclos é un taller non comercial de reciclaxe e reparación de bicicletas. Abrimos cada luns de 18:00 a 21:00h no soto do número 115 da r/Barcelona (A Coruña). [+info]
Creative Commons License
Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.