Tradución ao galego dun pequeno comunicado do taller de auto-reparación de bicicletas do Ministère de la régularisation de tous les sans papiers nas datas previas á Vélorution Universelle de 2010. O irónicamente chamado Ministère é un edificio okupado e autoxestionado por máis de milleiro e medio de persoas sen papeis en París.
Problemas globais? Respostas locais!
Ministère de la régularisation de tous les sans papiers.
Os sistemas económicos, sociais e políticos que contribúen ao cambio climático e á polución das nosas cidades son a orixe de moitas migracións do Sur ao Norte. Os países industrializados e as multinacionais desempeñan un rol preponderante na imposición de reximes políticos en moitos dos países de emigración. Xs migrantes veñen na busca dun ideal, cando non fuxindo da guerra, as dictaduras e a pobreza.
As transnacionais do automóbil e do petróleo están ao mando do cambio climático e da economía globalizada. Entre as vinte empresas máis grandes do mundo, atopamos a seis frabricantes de automóbiles (Chevron, General Motors, Toyota, Daimler Chrysler, Ford e Volkswagen) e cinco compañías petroleiras (Exxon, Royal Dutch Shell, BP, Total e Sinopec). No 2008 fabricáronse máis de setenta millóns de coches. O parque móbil global representa máis de mil douscentos millóns de coches. O transporte por estrada combustíu máis de dous mil millóns de toneladas de petróleo no 2008, que foron así transformadas en seis mil duascentas toneladas de CO2.
As industrias do automóbil e do petróleo extraen os recursos naturais despreciando aos pobos do Sur. Para moitas persoas a migración é unha resposta a estas situacións que se van agravando co cambio climático. A migración é motivada pola esperanza de apoiar ás familias no país de orixe. Xera unhas remesas financieiras tres veces maiores que a axuda pública ao desenvolvemento; desviada do seu obxectivo polos dirixentes, do Norte coma do Sur, a medida que a van transferindo.
Para limitar o incremento das temperaturas por debaixo de 2ºC, os países industrializados deberían comprometerse a reducir as súas emisións de gases de efecto invernadoiro, de aquí a 2020, en polo menos un 40% con respecto ás de 1990. E favorecer ao mesmo tempo un desenvolvemento sustentable nos países do Sur. Tralo fracaso de Copenhague, onde os estados non foron quen de comprometerse para respostar a esta emerxencia climática, temos que actuar localmente, de inmediato e polos nosos propios medios.
Cando algúns queren manter unha orde establecida polas xeracións pasadas sobre a pillaxe e o despilfarro, nós animamos ás xeracións presentes e futuras a construír un mundo de solidariedade e moderación. A reciclar no Ministère de la régularisation de tous les sans papiers.
Producir vehículos eléctricos e restrinxir as migracións non son solucións válidas para os males do noso mundo. En Francia, a cuarta parte do combustible consúmese en desprazamentos de menos de tres quilómetros. A vi(ll)e [a vida e a cidade], non sería máis fermosa en bici? A diferencia do coche, canto máis se usan as bicicletas máis agradable é desprazarse polas rúas.
Entón, quen quere ser x primeirx en mudarse de medio de transporte?
Ven a reciclar bicicletas connosco! Aporta ferramentas, bicis, rodas ou calquera peza que non uses!
Viva a liberdade de movemento… en bici!
Viva a Vélorution Universelle!
Fonte: http://velorution.org/articles/824.html
1 comentario
Comments feed for this article
Xaneiro 10, 2012 ás 2:12 pm
Ciclotalleres autoxestionados en Europa, novas creacións institucionais do activismo ciclista. Notas do Cyclocamp 2011. « Velosofía
[…] Algúns talleres mesmo distínguense por ter posto as migracións e o xénero no centro das súas preocupacións, tomándoas como principal eixo de traballo. A pesar da súa fugacidade, un dos proxectos máis singulares e potentes a este respecto foi o atelier vélorutionnaire do irónocamente coñecido como Ministère de la Régularisation de Tous les Sans Papiers, un edificio tomado por máis dun millar de sen papeis parisinos, desde onde denunciaban que «os sistemas económicos, sociais e políticos que contribúen ao cambio climático e á polución …. […]