Traducción da invitación que nos extenderon a reCiclos fundida con outros textos do Cyclocamp 2011.

Ola bicifreaks e biciamigxs,

en Austria somos agora mesmo tres as ciclocociñas que proporcionamos un acceso non comercial a ferramentas e coñecementos para a autorreparación e construcción de bicicletas. Tamén para divertirse cociñando e vivindo alternativas a este non moi bo mundo noso. Nós, as ciclocociñas de Vienna, Linz e Graz, estamos planeando un festival Do It Yourself entorno aos talleres de autoreparación; con diferentes actividades coas bicis, proxeccións, discusións e con boas e alegres persoas. Convidámosvos a unirvos e participar.

CYCLOCAMP 2011.
Biciklo kolektivo festivalo.
Encontro transnacional de ciclocociñas DIY.

O Cyclocamp debe facilitar aos talleres DIY de reparación de bicicletas unha oportunidade de reflexionar sobre si mesmos, aprendendo doutros talleres e divertíndose. Sentimos a necesidade de interconectar con proxectos similares aos nosos, aprender doutras experiencias e facer amizades para viaxes e outros proxectos.

O festival debe ser completamente autoxestionado, non debe haber unha equipa de organización encargándose en solitario da infraestructura necesaria nin dominando o discurso, e debe ser o máis barato posible. Non se sacará ningún beneficio económico. Os terreos para o festival son gratuitos, e todo o traballo que sexa necesario farémolo nós. Para os custos que haxa que afrontar estamos a pensar nunha recadación colectiva, por exemplo cun posto de merchandising.

O espazo que facilitamos conta con aseos e duchas. Algúns grupos xa ofreceron material para cociñar e para os concertos e desde a ciclocociña de Vienna levaremos materiais de construcción e ferramentas para os talleres. Agora mesmo tamén aloxamos a infraestructura electrónica; unha lista de correos e un wiki.

Agardamos que moitxs de vós levedes as vosas ideas, películas, mazos de bici-polo, tallbikes, motivacións políticas, achegas á cuestión de xénero, receitas de cociña preferidas e todo o que poidas aportar ao mundo para convertilo nun lugar mellor, con máis alegría e bicicletas.

Por favor, escríbenos se tes interese en vir e distribúe esta invitación entre as persoas que poidan estar interesadas.

Programa:

>> Presentación dos talleres participantes, podendo facerse a través de filmes, performances, discursos, etc.

>> Os temas propostos para debate son (engade a túa proposta aquí):

– A organización dun taller a nivel humano. A cantas persoas implica? Que habilidades se precisan? Como nos organizamos?
– A organización dun taller a nivel técnico. Ferramentas, comercios, pezas, organización.
– O financiamento dun taller.
– Cuestións referidas ao xénero nos talleres. As mulleres, persoas queer ou transxénero e a bicicleta. Temos problemas? Como afrontalos?
– Xs nenxs nos talleres.
– Como de aberto quere ser un taller?
– Os movementos Masa Crítica e Reclaim The Streets.
– Cómo formar un colectivo cargo-biker (a cargo da xente de Lastenradkollektiv).
– A bicicleta no “cambiar o mundo”.

>> Outras actividades (inclúe a túa aquí):

– Construír unha rampa para saltar ao Danubio.
– Xustas con tall-bikes
– “Un triatlón diferente”. Nadar coa bici río abaixo, cargala para saltar valados e río arriba pola terra [sic].
– Rodeo.
– Paseos en bici, día e noite.
– Bici-polo.
– Outros xogos con bicis. A zona é un pouco montañosa, adecuada para saltos, etc
– Paseos día e noite.
– Proxeccións de pelis algunha tardiña.
– Arte e bici.
– Upcycling [reciclaxe en novas cousas máis valiosas que as antigas] con bicis.

As actividades serán organizadas polos grupos participantes e os grupos de zonas cercanas deberían incluso facilitar as infraestructuras necesarias.

Emprazamento e datas.

Área de festivais de Ottensheim, na zona norte de Austria.

26/7/2011 – 1/8/2011.

Martes 26: chegada/instalación.
Mércores 27: instalación/asemblea.
Xoves 28: asemblea/obradoiros.
Venres29: obradoiros/festa.
Sábado 30: obradoiros/festa.
Domingo 31: desinstalación/chillout
Luns 1: despedida.

Participantes xa confirmados:

Biciklopopravljaona Zagreb (Croacia).
Un petit velo Grenoble (Francia).
Fahrradküche Graz Graz (Austria).
Bikekitchen Linz Linz (Austria).
Bikekitchen Vienna Vienna (Austria).
Un taller en proceso de formación en Munich (Alemaña).
VeloSophie, Pecs (Hungría).
Fietskeunken, Gent (Bélxica).