You are currently browsing the monthly archive for Maio 2011.

Debido a que nos últimos meses o proxecto ten entrado nunha dinámica insustentable, e mesmo contraproducente (afluencia dun número xa moi desbordante de persoas, incremento importante de roubos e actitudes individualistas, dificultade xeral para manter o perfil comunitario do taller e construir/transmitir un mínimo de valores transformadores), reCiclos pecha de maneira indefinida a partir do vindeiro luns 30 de maio.

Ata novo aviso, no que se van formulando solucións, estaremos polo local nos horarios habituais; traballando no seu coidado e pode que tamén con xornadas de autoformación en mecánica de bicicletas e outras actividades.

Quedan aínda algunhas prazas no bus organizado polas masas críticas galegas á Kritikona Mundiala (Masa Crítica Mundial), que se celebrará a próxima fin de semana en Bilbao.

Aí van unhas informacións para despistadxs:

[Programa de actividades]

[Infos da viaxe das masas críticas galegas(<71€ ida+volta en bus, con aloxamento de balde)]

O próximo sábado celébranse as 12 horas en bici.

Nesta edición mudamos de percorrido e integramos un Park(ing) Day no que, entre outras cousas, instalaremos un taller de autoreparación de bicis.

12 HORAS EN BICI 2011
A Coruña | V edición

_Cando?
O sábado sete de maio, desde as dez da mañá ata as dez da noite.

_Onde?
Este ano temos un novo percorrido que podes ver aquí.

_Pero, doce horas pedaleando?
Non, pero si. As 12 horas en bici non son unha proba de resistencia física nin se trata dun evento de carácter competitivo nin comercial senón un espazo de encontro, sociabilidade e activismo ciclista, cun perfil reivindicativo e festivo. Trátase dunha intervención no espacio público coa intención de reclamalo e transformalo. Durante doce horas, calquera persoa pode participar desta acción coa súa bici ou calquera outro vehículo non poluínte. En calquera momento, entrando e saíndo as veces que queira.
Éste ano “aparcaremos” un renovado punto de información na rúa Manuel Murguía baixo a forma PARK(ing) Day (información máis abaixo). Ler o resto desta entrada »

reCiclos é un taller non comercial de reciclaxe e reparación de bicicletas. Abrimos cada luns de 18:00 a 21:00h no soto do número 115 da r/Barcelona (A Coruña). [+info]
Creative Commons License