You are currently browsing the tag archive for the ‘Asociación de Sen Papeis da Coruña’ tag.

O percorrido da Masa Crítica deste mes rematará no Fórum Propolis (r/Barcelona 115; o mesmo espazo onde se aloxa o taller reCiclos), na cea/baile que celebra a Asociación de Sen Papeis da Coruña.

Haberá comida e bebida típica de Senegal: couscous con polo, couscous vexetal, charci, bisap e café. O menú custará 5 euros, aínda que tamén se poderán adquirir os productos por separado.

Tamén se farán «jujas», trenzas de fío no pelo e moveremos a cadeira con ritmos africanos.

Para saber máis sobre a asociación podes botarlle un ollo á reportaxe de X. Antón Bocixa para Praza Pública:

Primeira parte: http://praza.com/video/10/asemblea-de-persoas-sen-papeis-na-coruna/

Segunda parte: http://praza.com/video/11/sen-papeis-segunda-parte/

A bicicletada sae, como cada primeiro venres de mes, ás 20:00h da Praza de María Pita.

Mbolo Moy Doole!
(a unión fai a forza)

Nota da Asociación: Ler o resto desta entrada »

 
A ASOCIACIÓN SEN PAPEIS DA CORUÑA AMOSA O SEU TOTAL REXEITAMENTO ANTE OS ABUSOS POLICIAIS:
 
O sábado 17 de decembro ás 18.30 na rúa Real axentes de paisano procederon a deter a un senegalés que se adica á venda ambulante. Segundo algunhas das persoas alí presentes a detención tivo lugar sen que o detido ofrecera resistencia e cunha brutalidade e violencia imposibles de xustificar. Incluso algunhas persoas chegaron a enfrontarse á Policía para que deixara de dar ese trato desproporcionado ao detido. Convén destacar que un dos policías de paisano implicado foi o mesmo que o día 4 de agosto deste ano apuntou no Cantón Grande coa súa arma a un senegalés sen que este opuxera resistencia ou estivera cometendo delito algún. Ler o resto desta entrada »
reCiclos é un taller non comercial de reciclaxe e reparación de bicicletas. Abrimos cada luns de 18:00 a 21:00h no soto do número 115 da r/Barcelona (A Coruña). [+info]
Creative Commons License