You are currently browsing the tag archive for the ‘vélorution’ tag.

Nun ambiente celebrativo e formativo, a finais do pasado xullo tivo lugar nun pequeno pobo austríaco a primeira edición do Cyclocamp, un festival Do It Yourself (faino ti mesmx) de carácter transnacional -na práctica fundamentalmente europeo- en torno á creatividade político-cultural do activismo ciclista que reuniu a cerca de duascentas persoas de máis dunha trintena de proxectos diferentes.

O Cyclocamp revelouse como un encontro sen par a esta beira do Atlántico -en Norteamérica existe o homólogo BikeBike!– debido á confluencia de activistas de moitos países diferentes e o seu carácter decididamente comunicacional e reflexivo. Sen disquisicións teoréticas moi elaboradas nin moita amplitude de observación (levarían máis tempo do que agora dispoño e máis traballo do que levo feito), neste post comparto as notas tomadas durante a semana que durou o festival e pouco máis. Ler o resto desta entrada »

Tradución ao galego dun pequeno comunicado do taller de auto-reparación de bicicletas do Ministère de la régularisation de tous les sans papiers  nas datas previas á Vélorution Universelle de 2010.  O irónicamente chamado Ministère é un edificio okupado e autoxestionado por máis de milleiro e medio de persoas sen papeis en París.

Problemas globais? Respostas locais!
Ministère de la régularisation de tous les sans papiers.

Os sistemas económicos, sociais e políticos que contribúen ao cambio climático e á polución das nosas cidades son a orixe de moitas migracións do Sur ao Norte. Os países industrializados e as multinacionais desempeñan un rol preponderante na imposición de reximes políticos en moitos dos países de emigración. Xs migrantes veñen na busca dun ideal, cando non fuxindo da guerra, as dictaduras e a pobreza. Ler o resto desta entrada »

reCiclos é un taller non comercial de reciclaxe e reparación de bicicletas. Abrimos cada luns de 18:00 a 21:00h no soto do número 115 da r/Barcelona (A Coruña). [+info]
Creative Commons License