You are currently browsing the monthly archive for Abril 2011.

Traducción da invitación que nos extenderon a reCiclos fundida con outros textos do Cyclocamp 2011.

Ola bicifreaks e biciamigxs,

en Austria somos agora mesmo tres as ciclocociñas que proporcionamos un acceso non comercial a ferramentas e coñecementos para a autorreparación e construcción de bicicletas. Tamén para divertirse cociñando e vivindo alternativas a este non moi bo mundo noso. Nós, as ciclocociñas de Vienna, Linz e Graz, estamos planeando un festival Do It Yourself entorno aos talleres de autoreparación; con diferentes actividades coas bicis, proxeccións, discusións e con boas e alegres persoas. Convidámosvos a unirvos e participar.

CYCLOCAMP 2011.
Biciklo kolektivo festivalo.
Encontro transnacional de ciclocociñas DIY.

O Cyclocamp debe facilitar aos talleres DIY de reparación de bicicletas unha oportunidade de reflexionar sobre si mesmos, aprendendo doutros talleres e divertíndose. Ler o resto desta entrada »

Tradución ao galego dun pequeno comunicado do taller de auto-reparación de bicicletas do Ministère de la régularisation de tous les sans papiers  nas datas previas á Vélorution Universelle de 2010.  O irónicamente chamado Ministère é un edificio okupado e autoxestionado por máis de milleiro e medio de persoas sen papeis en París.

Problemas globais? Respostas locais!
Ministère de la régularisation de tous les sans papiers.

Os sistemas económicos, sociais e políticos que contribúen ao cambio climático e á polución das nosas cidades son a orixe de moitas migracións do Sur ao Norte. Os países industrializados e as multinacionais desempeñan un rol preponderante na imposición de reximes políticos en moitos dos países de emigración. Xs migrantes veñen na busca dun ideal, cando non fuxindo da guerra, as dictaduras e a pobreza. Ler o resto desta entrada »

Á vista da profusa blogosfera en favor da bicicleta, cabe cuestionar a singularidade e pertinencia de cada nova proposta. E isto é algo que amola bastante abordar nun comezo, por aquelo de saber que non hai máis camiño ca o que se fai ao andar.

Con todo, sempre se comeza polo medio. Sempre se está xa a algunha cousa i este blogue insírese nunha experiencia de activismo tecnosocial en reCiclos, un taller de bicicletas non comercial, xestionado de maneira independente e comunitaria i encadrado no movemento Masa Crítica da Coruña. Ler o resto desta entrada »

reCiclos é un taller non comercial de reciclaxe e reparación de bicicletas. Abrimos cada luns de 18:00 a 21:00h no soto do número 115 da r/Barcelona (A Coruña). [+info]
Creative Commons License