You are currently browsing the tag archive for the ‘cyclocamp’ tag.

Nun ambiente celebrativo e formativo, a finais do pasado xullo tivo lugar nun pequeno pobo austríaco a primeira edición do Cyclocamp, un festival Do It Yourself (faino ti mesmx) de carácter transnacional -na práctica fundamentalmente europeo- en torno á creatividade político-cultural do activismo ciclista que reuniu a cerca de duascentas persoas de máis dunha trintena de proxectos diferentes.

O Cyclocamp revelouse como un encontro sen par a esta beira do Atlántico -en Norteamérica existe o homólogo BikeBike!– debido á confluencia de activistas de moitos países diferentes e o seu carácter decididamente comunicacional e reflexivo. Sen disquisicións teoréticas moi elaboradas nin moita amplitude de observación (levarían máis tempo do que agora dispoño e máis traballo do que levo feito), neste post comparto as notas tomadas durante a semana que durou o festival e pouco máis. Ler o resto desta entrada »

Rumbo ao Cyclocamp. Eis unha achega fílmica á Vienna Bikekitchen, un dos ciclotalleres locais.

Traducción da invitación que nos extenderon a reCiclos fundida con outros textos do Cyclocamp 2011.

Ola bicifreaks e biciamigxs,

en Austria somos agora mesmo tres as ciclocociñas que proporcionamos un acceso non comercial a ferramentas e coñecementos para a autorreparación e construcción de bicicletas. Tamén para divertirse cociñando e vivindo alternativas a este non moi bo mundo noso. Nós, as ciclocociñas de Vienna, Linz e Graz, estamos planeando un festival Do It Yourself entorno aos talleres de autoreparación; con diferentes actividades coas bicis, proxeccións, discusións e con boas e alegres persoas. Convidámosvos a unirvos e participar.

CYCLOCAMP 2011.
Biciklo kolektivo festivalo.
Encontro transnacional de ciclocociñas DIY.

O Cyclocamp debe facilitar aos talleres DIY de reparación de bicicletas unha oportunidade de reflexionar sobre si mesmos, aprendendo doutros talleres e divertíndose. Ler o resto desta entrada »

reCiclos é un taller non comercial de reciclaxe e reparación de bicicletas. Abrimos cada luns de 18:00 a 21:00h no soto do número 115 da r/Barcelona (A Coruña). [+info]
Creative Commons License