You are currently browsing the tag archive for the ‘Cursos’ tag.

 

Obradoiro de ergonomía, mantemento e reparacións básicas da bicicleta.
Martes 18 de nadal, desde as 17:00h na nova cafetaría do CSOA Palavea.
r/Río Quintas 31.
Liñas de bus: 1A, 20 e 22.
http://okupacorunha.wordpress.com

A bicicleta é crecentemente empregada nas nosas cidades e vilas como resposta directa aos problemas materiais e inmateriais que presenta o sistema automobilístico. Neste obradoiro ocuparémonos dalgúns aspectos técnicos desta encantadora maquinaria: o regulamento, o coidado e as reparacións básicas das nosas monturas, que requiren un xogo de coñecementos bastante simples e, sen embargo, cruciais para facer delas un medio de transporte máis eficaz, fiable e agradable.

A participación é aberta e de balde, e non son precisos coñecementos previos de mecánica para a aprendizaxe.

Despois do obradoiro haberá unha sesión de auto-reparación, con ferramentas a disposición de quen queira arranxar a súa bici ou axudar a outras persoas a facelo.

Horarios:

> 17:00 – 18:00h: Ergonomía e mantemento.
> 18:00 – 18:10h: Descanso.
> 18:10 – 20:00h: Reparacións básicas.
> 20:00 – 22:00h: Sesión de auto-reparación.

Este venres, como cada derradeiro do mes, toca Masa Crítica en Vigo. A pedalada sae ás 20:00h da Praza América e para o día seguinte, sábado 28, maseir@s locais organizan coa colaboración de reCiclos un cursiño básico de ergonomía, mantemento e pequenas reparacións da bicicleta. Terá lugar ás 11:00h no local Amalgama (Marqués de Valterra 5, Baixo), onde están a crear un ciclotaller autoxestionado. Non é necesaria a inscripción.

Preme aquí para descargar o flyer da convocatoria.

Este mércores 28 á tarde impartiremos un cursiño de ergonomía e mantemento básico da bicicleta. Organízano a Oficiña de Medioambiente da UdC e a asociación Mobi-Liza, celebrarase no edificio Xoana Capdevielle i é aberto a toda persoa, con independencia de que pertenza ou non á comunidade universitaria. Inscripcións e máis información aquí.

Esta fin de semana estaremos en Compostela apoiando o proxecto de cilotaller do CSOA Casa do Vento.

Venres 14 a partir das 19:00h | charla-presentación “O movemento dos ciclotalleres autoxestionados en Europa e a experiencia reCiclos”.

Sábado 15 e domingo 16 a partir das 11:00h | Cursiño de mecánica da bici. Cursiño completo pensado para xs voluntarixs do ciclotaller da Casa do Vento e aberto a calquera persoa interesada.

A Casa do Vento atópase no nº 15 do Rueiro das Figueiriñas.

Este xoves 18 a partir das 18:00h, no local de reCiclos (Fórum Propolis, r/Barcelona 115 souto), aprende a instalar e reparar os freos da bicicleta.

Nesta sesión abarcaremos os coñecidos como freos de aro, que funcionan actuando sobre o aro da roda e son os máis extendidos na actualidade xunto aos de disco, que agardamos tratar noutra sesión. Isto comprende freos de tensado lateral (tamén chamados “de estrada”), cantilever e V-brake.

A participación é aberta e de balde.

Esta semana temos dobre sesión do cursiño de mecánica da bicicleta.

O martes a partir das 20:00h cambios, e o xoves a partir das 18:00h pedalieres. Ambas sesións terán lugar no local de reCiclos (Fórum Propolis, r/Barcelona 115 souto).

A participación é aberta e de balde.

Este xoves 14 a partir das 18:00h, no local de reCiclos (Fórum Propolis, r/Barcelona 115 souto), aprende a instalar e axustar a dirección da bicicleta.

Se ben a dirección da bicicleta ten unha aparencia de tecnoloxía bastante esotérica, é máis simple ca os freos, tratados na primeira sesión. Nesta segunda abarcaremos os dous tipos de dirección máis comúns na actualidade; os xogos de dirección con rosca e os sen rosca (máis coñecidos polo seu nome en inglés, ahead set).

A participación é aberta e de balde.

Este xoves 7 a partir das 18:00h, no local de reCiclos (Fórum Propolis, r/Barcelona 115 souto), aprende a instalar e reparar os freos da bicicleta.

Nesta sesión abarcaremos os coñecidos como freos de aro, que funcionan actuando sobre o aro da roda e son os máis extendidos na actualidade xunto aos de disco, que agardamos tratar noutra sesión. Isto comprende freos de tensado lateral (tamén chamados “de estrada”), cantilever e V-brake.

A participación é aberta e de balde.

reCiclos é un taller non comercial de reciclaxe e reparación de bicicletas. Abrimos cada luns de 18:00 a 21:00h no soto do número 115 da r/Barcelona (A Coruña). [+info]
Creative Commons License