You are currently browsing the tag archive for the ‘Xénero’ tag.

 

Cansas de que lles quiten das mans as ferramentas dos talleres DIY (faino ti mesmx) e ser tratadas como obxectos sexuais na escea ciclista, Laila Davis e Alicia Dvorak realizan Dudey Free Zone, un documental de 26 minutos sobre as sesións só de mulleres, transexuais e persoas queer en varios talleres comunitarios en Estados Unidos. «Centrámonos nestes espazos porque é onde se atopa a maioría da nosa experiencia, e onde as cuestións en torno ao xénero e as bicicletas se debaten máis acaloradamente debido á súa natureza colectiva e democrática. Pero tamén queriamos facer un filme que fora relevante para quenes traballen ou sexan clientes nos talleres comerciais, onde moitas veces hai pouca consciencia do sexismo aínda predominante na cultura ciclista».

Máis información en http://dudeyfreezone.wordpress.com/

O tema dos créditos é Somewhere You Didn’t Know de Alas, Alas.

Nun ambiente celebrativo e formativo, a finais do pasado xullo tivo lugar nun pequeno pobo austríaco a primeira edición do Cyclocamp, un festival Do It Yourself (faino ti mesmx) de carácter transnacional -na práctica fundamentalmente europeo- en torno á creatividade político-cultural do activismo ciclista que reuniu a cerca de duascentas persoas de máis dunha trintena de proxectos diferentes.

O Cyclocamp revelouse como un encontro sen par a esta beira do Atlántico -en Norteamérica existe o homólogo BikeBike!– debido á confluencia de activistas de moitos países diferentes e o seu carácter decididamente comunicacional e reflexivo. Sen disquisicións teoréticas moi elaboradas nin moita amplitude de observación (levarían máis tempo do que agora dispoño e máis traballo do que levo feito), neste post comparto as notas tomadas durante a semana que durou o festival e pouco máis. Ler o resto desta entrada »

reCiclos é un taller non comercial de reciclaxe e reparación de bicicletas. Abrimos cada luns de 18:00 a 21:00h no soto do número 115 da r/Barcelona (A Coruña). [+info]
Creative Commons License