You are currently browsing the tag archive for the ‘Hacktivismo’ tag.

A vindeira fin de semana celébrase na Coruña o Hackmeeting 2011, no que introducimos un nodo permanente de ciclohacking.

Para ben ou para mal, non se tratará tanto dun obradoiro impartido por experto algún como dun proceso de formación autodidacta en curso. Trataremos de pór en práctica un hack sobre o que levamos investigando desde o Cyclocamp: construír bicis de carga a partir de cadros convencionais reciclados. Tamén participarán neste nodo hacktivistas chegadxs de fóra construíndo un xerador eléctrico a pedais.

Se queres realizar algún proxecto no nodo de ciclohacking do HM2011 escríbenos a porpropolis[arroba]gmail[punto]com

Trátase tamén da posta en marcha dun novo proxecto: unha ciclofactoría autoxestionada no CSOA Palavea. Esta non será un taller de autoreparación como reCiclos, que seguirá a funcionar, senón un estudio-factoría onde reconfigurar cadros reciclados. Agora mesmo o que nos motiva é crear unha cultura potente de ciclismo utilitario na cidade fabricando cargo bikes e remolques, que ademais cubrirían necesidades loxísticas dos movementos sociais, mais o proxecto está aberto e considera outras propostas como tall-bikes, tándems, reclinadas, etc.

Para máis información e participación, existe un fío temático no foro do movemento Masa Crítica en Galiza.

reCiclos é un taller non comercial de reciclaxe e reparación de bicicletas. Abrimos cada luns de 18:00 a 21:00h no soto do número 115 da r/Barcelona (A Coruña). [+info]
Creative Commons License